#

martes

Pechei os ollos e recosteime contra o asento, deixando as rodillas contra o salpicadeiro. Sentía as pingas da choiva rebotar contra o teito e esvarar polas fiestras, e por un momento deixei que a miña imaxinación as sentise na miña pel, deixando surcos profundos e mollándome ata as entrañas, adentrándose ate máis non poder. E abrín os ollos e os teus ollos estaban cravados en min, mentres os teus colmillos quedaban cravados sobre o teu beizo inferior. E xa non só era a miña imaxinación, xa a miña pel sentía a auga correr pola miña pel, tropezando coas miñas pestañas e deixándose caer por entre a miña boca. E abrín a porta e saín, con rapidez, sen pensar nen un minuto, deixándome estar de pé ao carón do coche, coa cabeza erguida para o ceo, os ollos pechados e os sentidos mortos. 
- Ata despois, nena. - E a túa voz perforou os meus tímpanos, quedouse a vivir baixo o oco do meu esternón, rompéndome en mil pedazos ao mesmo tempo no que eu me recompoñía viva. Ata despois, mozo, quixen responder, máis ben eu sabía que na súa frase só faltaba a última vocal do abecedario para completar a palabra adeus.